Benvidos a O año pitaño
Xa está dispoñible O Año Pitaño
Última actualización el Jueves, 02 de Febrero de 2012 11:48 Escrito por Administrator Jueves, 02 de Febrero de 2012 11:42
“O Año Pitaño” é un libro disco que une os textos de poetas galegos contemporáneos coas composicións e a interpretación de Anxo Rei, acompañado por músicos de recoñecido prestixio e gravado nos estudios de Casa de Tolos, sito en Gondomar. "A idea é dedicarlle aos máis cativos un traballo no que estiveran presentes os nosos poetas, para achegar aos pequenos a nosa literatura, a nosa lingua e, ao mesmo tempo, a miña música”, comenta o propio Anxo Rei.
As cancións que recolle este traballo axudan a debuxar para os cativos unha visión distinta dalgunhas figuras tradicionais. Non só de contos clásicos, como a cincenta, senón tamén personaxes moi nosos, como pode ser o home do saco, que durante moitas xeracións estivo sempre presente como elemento autóctono no desenvolvemento dos pícaros. Probablemente hoxe non sexa tan coñecido, no medio de tantas alegorías importadas, pero non está mal lembrarmos eses seres imaxinarios que poboaban as nosas infancias e legarllos, entre outras formas de cultura que transmitimos, aos meniños que serán os galegos e galegas do futuro.
As ilustracións deste traballo foron elaboradas por alumnos de primaria, de Centros educativos galegos, que participaron no Certame de Ilustracións Año Pitaño, convocado por PAI Edicións. Foron centos os debuxos que se recibiron. Cada un dos debuxos gañadores ilustra un dos poemas que recolle este traballo. Un total de doce cancións, de seis poetas: Darío Xohán Cabana, Ana María Fernández, Yolanda Castaño, Marica Campo, Xosé M. Álvarez Blazquez e Xosé Rodríguez Ferrer.
Podes mercar o disco na web de paitunes
Xa están publicados os gañadores do concurso
Escrito por Administrator Miércoles, 22 de Junio de 2011 17:00
Xa podedes ver os premiados no concurso na sección Gañadores do concurso
Nuns días poñeremonos en contacto con cada un dos gañadores para facerlles chegar o seu premio.
Moitas gracias a todos por participar.

Na terra onde eu nacín, e na que vivo, a miña querida terra valdeorresa,
aos nenos chamámoslles ninos. É unha expresión que, penso, só
se emprega por esta parte do país. É unha expresión única que nos
identifica, do mesmo xeito que a min me gustaría que este traballo
que teredes entre as mans faga que eses ninos e ninas se sintan
identificados coas nosas poetas, cos nosos autores, coa nosa lingua e
coa música de noso. É o meu desexo con este traballo. Agardo que se
cumpra.
Anxo Rei


